mércores, 29 de abril de 2020

NOVAS PROPOSTAS PARA TRABALLAR NO FOGAR (4)

Hoxe traemos novas propostas para traballar e reforzar as diferentes aprendizaxes escolares. Estas son as nosas proposotas:

  •  AUDICIÓN E LINGUAXE: COMPRENSIÓN LECTORA, EXPRESIÓN ORAL, ARTICULACIÓN.

No blog de http://anabelenbelen.blogspot.com/ atoparedes  múltiples recursos para a atención a diversidade. 



Dende o DO o mestre de Audición e Linguaxe propón o seguinte enlace para continuar traballando a articulación, as praxias, a adquisición de vocabulario e a expresión oral dos nenos e nenas de Infantil e dos primeiros cursos de Primaria.
(Para acceder fai Clic na imaxe)






  • ORIENTACIÓN ESPACIAL.
Aquí tedes actividades para traballar a orientación espacial principalmente dirixidos a nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. Primaria. estas propostas e máis podedes atopalas en  https://www.aulapt.org/
(Para acceder fai Clic na imaxe)

(Podedes recortar ou facer o debuxo no lugar que corresponda).




  • MATEMÁTICAS
Hoxe propoñemos actividades para os alumnos/as de 3º de Ed. Primaria, aínda que na páxina https://es.ixl.com/math/ podedes atopar actividades matemáticas para nenos e nenas dende Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria.
(Para acceder fai Clic na imaxe)




As actividades que propoñemos de este enlace para repasar ao longo de todo o trimestre son:

  1. "Números" (de A3 a A7)
  2. "Comparar y ordenar números" (de B1 a B5)
  3. "Sumar" ( de E4 a E18)
  4. "Restar" (de F1 a F15)
  5. "Comprender la multiplicación" (G1 - G2 / de H3 a H11)
  6. "Multiplicación" (de I1 a I10)
  7. "División" (J1 - J2 / de K2 a K9/ de L1 a L4)
  8. "Geometría" (V1 - V4 - V7)
  9. "Posición" (X1-X2)



  • ACENTUACIÓN
Moitas veces ao noso alumnado cóstalle acentuar correctamente. Para traballar isto propoñemos as seguintes actividades.
  1. Busca as palabras que deberían levar tilde e esqueceron poñela. Podes atopalas?
  2. Agora toca completar o cadro para axudarlles a ordear as palabras segundo a posición da sílaba tónica.
  3. E ademais os deixamos uns xogos online para que vos animedes a practicar

Ningún comentario:

Publicar un comentario