martes, 31 de marzo de 2020

PARA OS NOSOS NENOS E NENAS.

Dende o DO queremos dedicarlle esta canción aos nosos nenos e nenas.
Sabemos que a situación non é fácil pero tamén sabemos que sodes fortes e estamos moi orgullosos de formar arte das vosas días.
Grazas por ser como sodes!
(Para acceder fai Clic na imaxe)


Reto:
Animádesvos a aprender e cantar o retrouso?

Boo...
sigue nadando, sigue nadando
quiero ser como tú
hakuna matata, vive y deja vi...
bibidibadidibu
hay un amigo en mí
tan blandito que me quiero morir
de ellos aprendí

PORTAL EDUCATIVO: AULAS GALEGAS

Hoxe querémosvos recomendar un portal educativo totalmente en galego ,un gran portal de entretemento para estes días: Aula Galegas. https://aulasgalegas.org/
Nestas páxinas ademais de contidos para  todos os niveis de ensino, encontramos distintas seccións , como a Creación dixital que ofrece ferramentas de ocio baseadas en novas tecnoloxías; Enredos, que acolle diversos xogos; Estamos cos maiores, que contén recursos para persoas de idade avanza con actividades físicas, de memoria ou de coidados; Mares de cultura, expón o traballo de creadores de diversas disciplinas artísticas; Lecturas compartidas,  e Outras olladas que achega recursos para atender á diversidade funcional e a educación emocional.
(Para acceder fai Clic na imaxe)








TDAH: Guía de apoio ao estudo

A Fundación María José Jove e a Fundación INGADA, en colaboración coa Xunta de Galicia, elaboraron esta guía co fin de axudar a todos os que participamos na educación e formación dos nenos e nenas con TDHA. 
É un documento de fácil lectura pero non por iso carente de rigor e utilidade que consideramos pode ser unha boa guía para docentes e pais tanto de nenos e nenas diagnosticados como para o alumnado en xeral.
(Para acceder fai Clic na imaxe)



REFORZO DE MATEMÁTICAS

Para seguir con traballo de aula que se estaba a realizar coas mestras especialistas en PT e se non sabedes en que pasar o tempo, propoñemos algúns exercicios de repaso:

  • Para 1º de Primaria 

Dende A3 ata A10, B3-B6 e B11, D2 ata D9, E2-E8 e E10,J1-J3, de G2 a G9, H2-H3,H10, I2-I4, de N1 ata N4,O1,O2. 
(Para acceder fai Clic na imaxe)






  • Para 2º de Primaria
Dende A1 ata A5, B1-B2, de C1 a C4, de D2 ata D10, E1-E5, de F1 ata F4-F7-F9,K2, J1, 01.
(Para acceder fai Clic na imaxe)





venres, 27 de marzo de 2020

NOVAS PROPOSTAS PARA TRABALLAR NO FOGAR (2)



Rematando a segunda semana, dende o Dpto de Orientación queremos propoñer novas actividades que poden ser de interese para o alumnado en xeral e de maneira máis específica para aqueles nenos e nenas que reciben apoio das mestras especialistas en PT e do mestre especialista en AL.


  • Caligrafía e operacións matemáticas con Cuadernillos RUBIO. 
Os peques poderán repasar materiais como caligrafía, operacións matemáticas e problemas ou simplemente colorear un intre. A aplicación conta con 20 niveis desbloqueables que os nenos e nenas percorren co seu propio avatar. (descarga gratuita  para Adroid e IOS)
(Para acceder fai Clic na imaxe)

            



  • Percepción visual, atención, seriación, linguaxe oral, psicomotricidade... Para os máis pequenos.
Visitando o blog de Rocío Olivares podedes atopar unha gran variedade de actividades para traballar cos máis pequenos da casa.
Algunhas propostas son:











  • Cálculo Mental.

    • Propoñemos un divertido xogo chamado SUMÓN que permite traballar o cálculo mental dende 1º de primaria ata o resto de cursos da etapa (incluso os adultos podemos utilizalo ara fortalecer a nosa memoria)
      (Para acceder fai Clic na imaxe)








      • Comprensión lectora.
      A comprensión lectora é básica para adquirir múltiples aprendizaxes e o noso contorno está cheo de oportunidades para traballar a lectura comprensiva... ademais propoñemos algunha páxina que pode axudar no proceso.

      (Para acceder fai Clic na imaxe)











      • Xogos didácticos Online
      Aínda que existe unha gran oferta, nos hoxe queremos destacar o traballo recollido en AulaPT  onde atoparedes material imprimible, lecturas, xogos, etc.
      (Para acceder fai Clic na imaxe)






      "AMAR"

      Nestas circunstancias, máis que nunca, AMAR é a mellor maneira de convivir, axúdanos a construír boas relacións e a recoñecer e apreciar o bo trato recibido dos demais.

      Para isto a editorial Palabras Aladas agasállanos co libro “Amar" en PDF.
      (Para acceder fai Clic na imaxe)



      DATOS  DO LIBRO
      Título: Amar
      Autores: Cristina Núñez Pereira e Rafael R. Valcárcel
      Editorial: Palabras Aladas
      Idade: de 6 a 99 anos.

      Con este libro propoñen o reto "Crear Vuestro Árbol" para o que so precisaremos dispoñer dunha parede da casa onde crear nela a árbore do amor. Esta árbore será un lugar onde acodir en momento de estrés, tristura, enfado ou para compartir momentos reconfortantes.
      Para traballar con esta proposta, adxuntamos material de balde de este itinerario que axuda a aproveitar o seu contido e favorece que os nenos e nenas se relacionen en armonía coas persoas e o seu entorno.





      xoves, 26 de marzo de 2020

      XOGANDO EN FAMILIA


      A situación excepcional que estamos a vivir pode ser unha oportunidade para promover a convivencia familiar, compartir experiencias comúns e divertinos xuntos. Para isto unha das principais ferramentas é O XOGO como tal, onde a aprendizaxe máis curricular ocupa unha posición secundaria e cobra protagonismo o divertimento, a convivencia, a importancia do tempo de lecer e o pracer por compartir.
      Así mesmo, co xogo realizamos unhas aprendizaxes imprescidibles para a nosa formación como individuos e para a convivencia en sociedade: Habilidades Sociais, cumprimento de normas, organización de tempos, respecto, xestión da frustración, colaboración…

      Para axudar na busca de propostas suxerimos os seguintes enlaces:
      (Para acceder fai Clic na imaxe)
          











      outras páxinas:








      martes, 24 de marzo de 2020

      PRAXIAS BUCOFONATORIAS

      Para continuar co traballo de articulación que se está a desenvolver de xeito específico nas aulas de infantil e/ou en aula de AL, propoñemos os seguintes exercicios articulatorios que teñen como finalidade facilitar a mobilidade dos órganos de articulación (lingua, labios...) e a posterior articulación correcta dos fonemas afectados.





      luns, 23 de marzo de 2020

      O PRACER DA LECTURA

      Convidamos a gozar da lectura nesta difícil corentena. Para isto a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña facilita distintas páxinas para realizar descargas de balde.




      domingo, 22 de marzo de 2020

      AUTOINSTRUCIÓNS

      A autorregulación do noso pensamento e dos nosos actos é unha aprendizaxe imprescindible para o desenvolvemento persoal, social e académico.


      Os seguintes pasos poden axudarlles a organizar o seu pensamento.



      E LEMBRADE! Toda aprendizaxe require de adestramento e constancia. É importante que o neno repita estes pasos conscientemente á hora de afrontar as tarefas. A nosa labor como guías é axudarlle en adquirir esta rutina.

      sábado, 21 de marzo de 2020

      PAUTAS PARA AXUDAR @S NOS@S FILL@S COAS TAREFAS ESCOLARES

      Para moitas familias, a hora dos “deberes” convértese nunha situación de conflito cos seus fill@s. Os pais e nais deixan de facer as súas tarefas para sentarse ao lado dos seus fill@s durante o tempo de estudio e a súa vez os nen@s aumentan o grado de dependecia e non desenvolven a súa autonomía (que afecta directamente a autopercepción e autoestima).  Esta situación leva a un ambiente de frustración, tensión e agotamento que prexudica a relación no ámbito familiar.
      O seguinte enlace aporta trucos para facilitar a autonomía nas tarefas escolares dos nos@s fill@s. 
      (Para acceder fai Clic na imaxe)




      CUARENTENA: NOVA INSTRUCIÓN PARA PERSOAS CON TEA

      O Ministerio de Sanidade emite una nova instrucción que permite ás persoas con trastorno do espectro do autismo sair á rúa acompañadas mentras dure o estado de alarma. 
      Para máis información podes facer clic aquí.

      Tamén aproveitamos para deixarvos o enlace a un conto, recollida na páxina de Arasaac, para explicar o Cornavirus a través de pictogramas.
      (Para acceder fai Clic na imaxe)





      TRABALLANDO NO FOGAR


      Os membros do equipo de Orientación propoñemos unha serie de enlaces onde podedes atopar múltiples actividades para traballar cos vosos fillos e fillas, adaptadas as súas necesidades, intereses, ritmo e estilos de aprendizaxe.
      Aquí atoparedes material elaborado por nos así como outros contidos recollidos en diversas páxinas web, como son: 


      1. Estimulación da linguaxe oral.
      A adquisición e desenvolvemento da linguaxe é unha das principais aprendizaxes que se producen nos primeiros anos de vida e de cómo se estimule e progrese esta aprendizaxe dependerán as interaccións sociais que establezan os nosos nenos e nenas e a súa vez condiciona á comprensión que faga do mundo e de si mesmo (autoxestión, autoconcepto…).
      Para isto propoñemos as seguintes pautas xerais para favorecer un intercambio comunicativo positivo e estimular a linguaxe oral.
      (Para acceder fai Clic na imaxe)



      2. Conciencia Fonolóxica.
      A conciencia fonolóxica é una habilidade pre-lectora clave para a aprendizaxe da lectura traballando as habilidades de decodificación (conciencia fonolóxica) e habilidades de comprensión (desenvolvemento da linguaxe, conciencia narrativa).
      (Para acceder fai Clic na imaxe)

       Clic aquí




      3. Orientación espacial e memoria visual.
      A través da memoria visual retemos información percibida pola vista. Esta memoria está relacionada directamente cos procesos de aprendizaxe (orientación espacial, atención, lectoescritura, seguimento de instrucións…)
      (Para acceder fai Clic na imaxe)





      4. Atención e memoria auditiva.
      A través da memoria auditiva retemos a información percibida polo oído. Esta memoria permite lembrar a información que escoitamos e a orden na que a recibimos, por isto afecta a aprendizaxe dos nosos nenos e nenas (atención, seguimento de instrucións orais, ditados...).
      (Para acceder fai Clic na imaxe)




      5. Comprensión Lectora.
      A comprensión lectora e un dos piares fundamentais da aprendizaxe. Fai referencia á capacidade de entender tanto palabras escritas de xeito illado como distintos tipos de textos (narrativos, argumentativos, expositivos…).

      Unha boa comprensión lectora facilitará a adquisición de aprendizaxes, así como o desenvolvemento do pensamento crítico, a expresión oral e escrita, a resolución de problemas… 
      (Para acceder fai Clic na imaxe)





      O CORONAVIRUS


      Ante esta nova situación suxerimos os seguintes enlaces para axudarvos a explicar, aos máis cativos, qué acontece e cómo actuar.


      1. Qué é o Coronavirus?




      2. Xogamos para vencer ao Coronavirus







      3. Información actualizada do Ministerio de Sanidade. Goberno de España. Clic aquí







      venres, 20 de marzo de 2020

      BENVID@S

      Queridas familias, dende o departamento de Orientación creamos este Blog para achegarvos información de interese e recursos didácticos que poidan contribuir ao desenvolvemento de todos os  nosos nenos e nenas.                                                              

      O Dpto. de Orientación do CEIP Portofaro.