Coñecedes o xogo de "Palabras prohibidas"? En un xoguiño moi sinxelo ao que poden xogar nen@s e adultos de todas as idades e é ideal para traballar a expresión oral, vocabulario, conceptos básicos...
Como chega o bo tempo queremos propoñer un xogo...
En internet podemos atopar vídeos e/ou imaxes da natureza que chaman a nosa atención. Incluso pode ser que vírades vos mesmos situacións curiosas... Apetécevos compartilas con nós? Podedes facelo pinchando en "comentarios", na parte inferior de esta entrada, e nos iremos actualizándoa para que podades ver as diferentes propostas.
Tamén podedes engadir comentarios sobre que vos parecen os vídeos ou imaxes compartidas.
...E lembrade mencionar a fonte de información
As nosas propostas son estas (obtidas de YOUTUBE):
Estas son as novas propostas para o traballo no fogar dende o Departamento de Orientación. Lembrade que aínda que van dirixidas principalmente ao alumnado que recibe apoio de PT/AL, poden ser interesantes para todo o alumnado.
MATEMÁTICAS
Aquí tedes actividades para acadar as competencias de
matemáticas para nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria. Son un repaso do que traballamos ao longo do curso.
Anímate a facer este sinxelo repaso que ademáis é divertido e lembrade que podedes atopar máis actividades para outros cursos na páxina https://es.ixl.com/math/.
(Para acceder fai Clic na imaxe)
As actividades que propoñemos de este enlace para repasar ao longo de todo o trimestre son:
NÚMEROS NATURAIS (todo)
OPERACIÓNS CON NÚMEROS NATURÁIS (B3-B4-B5-B10)
TEORÍA DOS NÚMEROS (de C1 a C9).
NÚMEROS ENTEIROS (D1-D2)
NÚMEROS DECIMALES (de E1 a E6)
OPERACIÓNS CON DECIMAIS (F1-F6-F7-F9).
FRACCIÓNS (G1-G2-G8).
OPERACIÓNS CON FRACCCIÓNS (H1-H5-H7)
CONERSIÓN DE UNIDADES (de K1 a K4)
XEOMETRÍA (de L3 a L11).
MEDICIÓN ( de M1 a M8)
PROBABILIDADE (N1-N2)
PLANO DE COORDENADAS (de O1 a O4)
CONCIENCIA FONOLÓXICA
Hoxe porpoñemos unha nova páxina, https://cuentosparacrecer.org/, ideal para traballar as emocións, a linguaxe, a lectura... ademais destacamos do seu blog as aportacións sobre a conciencia fonolóxica para nenos e nenas de 3 a 6 anos. (Para acceder fai Clic na imaxe)
Oscrebacabezas son materiais que adoitamos empregar para traballar a atención, a percepción viso-espacial e a
concentración con moitos dos nosos rapaces/as.
No seguinte enlace podedes escoller un montón de “puzzles” ordenados por dificultade ou tema. Tamén podedes cambiarlle o número de pezas, o que permite adaptalos ás diferentes idades.
Como ven facendo estes días, a nosa profe de PT Paula segue a crear material divertido e interesante que nos axuda a pensar e a aprender doutro xeito.
A proposta de hoxe vai dirixido á todo o alumnado e é ben interesante; coñecer a tres mulleres galegas e fortes, que abriron camiño pero das que seguramente sabes pouco ou incluso nunca escoitaches falar.
(Para acceder fai Clic na imaxe)
Esta proposta está baseada no libro "Pioneiras: galegas que abriron camiño" de Anaír Rodríguez. de Ed. Xerais.
Grazas por achegarnos un pouco máis a esta realidade.
Para aqueles pais e nais que desexen reforzar na casa o traballado dende o cole cos nenos e nenas que presentan dislalias, o mestre de Audición e Linguaxe recomenda as seguintes pautas:
As sesións de rehabilitación logopédica de dislalias non deberán exceder de 20/30 minutos.
Nese tempo realizaranse exercicios de respiración e praxia, discriminación auditiva do fonema (normalmente S ou R) e colocación correcta da lingua con posterior articulación. Para isto podedes atopar exercicios na páxina web guiainfantil.com