xoves, 16 de abril de 2020

NOVAS PROPOSTAS PARA TRABALLAR NO FOGAR (3)

Despois das vacacións volvemos ao traballo! Para isto queremos propoñer novas tarefas que axuden a reforzar as aprendizaxes adquiridas neste curso. Lembrade que estas actividades son orientacións feitas polas mestras de PT para os nenos/as que traballan con elas pero tamén poden ser de interese para todo o alumnado en xeral.

  • Ortografía, Lectoescritura, comprensión lectora, matemáticas e cálculo ABN con caderniños LA CALESA. 
A editorial La Calesa crean unha edición especial dirixido a nenos/as de primaria e secundaria. https://www.lacalesa.es/
De xeito máis concreto, para os nosos nenos de 2º de EP, propoñemos o caderno 1 onde atoparedes actividades de repaso e reforzo... E se vos vedes con ánimo podedes consultar o número 2 para ampliar actividades.
(Para acceder fai Clic na imaxe)









  • Os seres vivos: Os animais.
Un dos pasatempos favoritos dos rapaces/as son os encrucillados. Por iso propoñemos este enlace para traballar os animais co alumnado dos primeiros cursos de primaria.






E se queredes traballar os nomes dos animais en inglés consultade o seguinte enlace.
(Para acceder fai Clic na imaxe)






  • Matemáticas: A Multiplicación
Repasamos o proceso da multiplicación de xeito lúdico. Especialmente indicado para nenos e nenas de 3º a 5º de Ed. Primaria.
(Para acceder fai Clic na imaxe)






  • Atención e razoamento lóxico.
As seguintes actividades favorecen o desenvolvemento do razoamento lóxico á vez que promove outras aprendizaxes (adquisición de vocabulario, resolución de problemas, etc). Ideal para alumnos/as de 3º a 5º de Ed. Primaria.
(Para acceder fai Clic na imaxe)









E como levamos facendo na maioría das entradas seguimos propoñendo máis páxinas de interese:








Ningún comentario:

Publicar un comentario