sábado, 30 de maio de 2020

PALABRAS PROHIBIDAS

Coñecedes o xogo de "Palabras prohibidas"? En un xoguiño moi sinxelo ao que poden xogar nen@s e adultos de todas as idades e  é ideal para traballar a expresión oral, vocabulario, conceptos básicos...

Estas son as instruccións:


ANIMÁDEVOS A XOGAR!


CURIOSIDADES NA NATUREZA

Como chega o bo tempo queremos propoñer un xogo... 
En internet podemos atopar vídeos e/ou imaxes da natureza que chaman a nosa atención. Incluso pode ser que vírades vos mesmos situacións curiosas... Apetécevos compartilas con nós? Podedes facelo pinchando en "comentarios", na parte inferior de esta entrada, e nos iremos actualizándoa para que podades ver as diferentes propostas.
Tamén podedes engadir comentarios sobre que vos parecen os vídeos ou imaxes compartidas.
...E lembrade mencionar a fonte de información

As nosas propostas son estas (obtidas de YOUTUBE):
(Para acceder fai Clic na imaxe)









martes, 19 de maio de 2020

ADIVIÑA ADIVIÑANZA

E se xogamos un pouco?
Entra e responde as adiviñas ... pero ollo pensa ben que algunhas teñen truco!
(Para acceder fai Clic na imaxe)


Autora: Paula PT                                      





          

NOVAS PROPOSTAS PARA TRABALLAR NO FOGAR (5)

Estas son as novas propostas para o traballo no fogar dende o Departamento de Orientación. Lembrade que aínda que van dirixidas principalmente ao alumnado que recibe apoio de PT/AL, poden ser interesantes para todo o alumnado.

  • MATEMÁTICAS
Aquí tedes actividades para acadar as competencias de matemáticas para nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria. Son un repaso do que traballamos ao longo do curso.
Anímate a facer este sinxelo repaso que ademáis é divertido e lembrade que podedes atopar máis actividades para outros cursos na páxina https://es.ixl.com/math/.
(Para acceder fai Clic na imaxe)



As actividades que propoñemos de este enlace para repasar ao longo de todo o trimestre son:
  1. NÚMEROS NATURAIS (todo)
  2. OPERACIÓNS CON NÚMEROS NATURÁIS (B3-B4-B5-B10)
  3. TEORÍA DOS NÚMEROS (de C1 a C9).
  4. NÚMEROS ENTEIROS (D1-D2)
  5. NÚMEROS DECIMALES (de E1 a E6)
  6. OPERACIÓNS CON DECIMAIS (F1-F6-F7-F9).
  7. FRACCIÓNS (G1-G2-G8).
  8. OPERACIÓNS CON FRACCCIÓNS (H1-H5-H7)
  9. CONERSIÓN DE UNIDADES (de K1 a K4)
  10. XEOMETRÍA (de L3 a L11).
  11. MEDICIÓN ( de M1 a M8)
  12. PROBABILIDADE (N1-N2)
  13. PLANO DE COORDENADAS (de O1 a O4)


  • CONCIENCIA FONOLÓXICA
Hoxe porpoñemos unha nova páxina,  https://cuentosparacrecer.org/, ideal para traballar as emocións, a  linguaxe, a lectura... 
ademais destacamos do seu blog as aportacións sobre a conciencia fonolóxica para nenos e nenas de 3 a 6 anos.
(Para acceder fai Clic na imaxe)




  • ATENCIÓN/ ORIENTACIÓN ESPACIAL/ RAZONAMENTO LÓXICO

Os  crebacabezas son materiais que adoitamos empregar para traballar a atención, a percepción viso-espacial e a concentración con moitos dos nosos rapaces/as. 
No seguinte enlace podedes escoller un montón de “puzzles” ordenados por dificultade ou tema. Tamén podedes cambiarlle o número de pezas, o que permite adaptalos ás diferentes idades.
(Para acceder fai Clic na imaxe)




martes, 12 de maio de 2020

IGUALDADE: ACTIVIDADES E LECTURA PARA A REFLEXIÓN

Como ven facendo estes días, a nosa profe de PT Paula segue a crear material divertido e interesante que nos axuda a pensar e a aprender doutro xeito.
A proposta de hoxe vai dirixido á todo o alumnado e é ben interesante; coñecer a tres mulleres galegas e fortes, que abriron camiño pero das que seguramente sabes pouco ou incluso nunca escoitaches falar.
(Para acceder fai Clic na imaxe)



Esta proposta está baseada no libro "Pioneiras: galegas que abriron camiño" de Anaír Rodríguez. de Ed. Xerais.

Grazas por achegarnos un pouco máis a esta realidade.



luns, 11 de maio de 2020

COVID-19: CONTO " LOS VALIENTES GUARDIANES" Homenaxe aos máis pequenos.

En homenaxe aos nosos nenos e nosas e en recoñecemento do seu esforzo na loita contra esta pandemia, enlazamos o seguinte audioconto.
 (Para acceder fai Clic na imaxe)





venres, 8 de maio de 2020

O SUPERFARO CHEGA Á CASA



Canto tempo hai que non imos o superfaro, verdade?
Xa que polo de agora non podemos ir o super do noso cole, deixámosvos un enlaces para que poidades xogar un pouquiño cos euros e as súas operacións.

  • Para o alumnado de infantil e primeiro e segundo de Ed. Primaria. o porquiño Chechu ensinaravos cales son as moedas de € e o seu valor:


  • Para terceiro e cuarto de Primaria, propollémosvos este enlace con operación e problemas de canto me devolven:


  • E para os rapaces e as rapazas de quinto e sexto de Primaria deixámosvos este xogo de operacións con decimais e euros.



Esperamos que vos gusten.