xoves, 30 de abril de 2020

E SEGUIMOS CREANDO XUNTOS: A REGUEIFA

Unha nova proposta para realizar todos e todas xunt@s... Neste caso é A Regueifa. Sabedes en que consiste?
A Regueifa é un canto ou cantiga improvisada que tiña como finalidade desafiar con moita retranca a outra regueifeira (persoa que canta a regueifa).

A que parece que estamos a falar das "loitas de rap"? pois non. A regueifa forma parte da nosa cultura galega e xa a coñecían os nosos avós e os avós dos nosos avós... Seguro que vos poden contar moitas historias referidas a estas "loitas improvisadas"

Qué vos parece se nos convertemos en regueifeiros e regueifeiras por un día? Para isto Paula, a profe de PT, creou este vídeo con información básica para facelo de xeito divertido e sinxelo.
(Para acceder fai Clic na imaxe)







Ningún comentario:

Publicar un comentario