xoves, 30 de abril de 2020

E SEGUIMOS CREANDO XUNTOS: A REGUEIFA

Unha nova proposta para realizar todos e todas xunt@s... Neste caso é A Regueifa. Sabedes en que consiste?
A Regueifa é un canto ou cantiga improvisada que tiña como finalidade desafiar con moita retranca a outra regueifeira (persoa que canta a regueifa).

A que parece que estamos a falar das "loitas de rap"? pois non. A regueifa forma parte da nosa cultura galega e xa a coñecían os nosos avós e os avós dos nosos avós... Seguro que vos poden contar moitas historias referidas a estas "loitas improvisadas"

Qué vos parece se nos convertemos en regueifeiros e regueifeiras por un día? Para isto Paula, a profe de PT, creou este vídeo con información básica para facelo de xeito divertido e sinxelo.
(Para acceder fai Clic na imaxe)







mércores, 29 de abril de 2020

NOVAS PROPOSTAS PARA TRABALLAR NO FOGAR (4)

Hoxe traemos novas propostas para traballar e reforzar as diferentes aprendizaxes escolares. Estas son as nosas proposotas:

  •  AUDICIÓN E LINGUAXE: COMPRENSIÓN LECTORA, EXPRESIÓN ORAL, ARTICULACIÓN.

No blog de http://anabelenbelen.blogspot.com/ atoparedes  múltiples recursos para a atención a diversidade. 



Dende o DO o mestre de Audición e Linguaxe propón o seguinte enlace para continuar traballando a articulación, as praxias, a adquisición de vocabulario e a expresión oral dos nenos e nenas de Infantil e dos primeiros cursos de Primaria.
(Para acceder fai Clic na imaxe)






  • ORIENTACIÓN ESPACIAL.
Aquí tedes actividades para traballar a orientación espacial principalmente dirixidos a nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. Primaria. estas propostas e máis podedes atopalas en  https://www.aulapt.org/
(Para acceder fai Clic na imaxe)

(Podedes recortar ou facer o debuxo no lugar que corresponda).




  • MATEMÁTICAS
Hoxe propoñemos actividades para os alumnos/as de 3º de Ed. Primaria, aínda que na páxina https://es.ixl.com/math/ podedes atopar actividades matemáticas para nenos e nenas dende Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria.
(Para acceder fai Clic na imaxe)




As actividades que propoñemos de este enlace para repasar ao longo de todo o trimestre son:

  1. "Números" (de A3 a A7)
  2. "Comparar y ordenar números" (de B1 a B5)
  3. "Sumar" ( de E4 a E18)
  4. "Restar" (de F1 a F15)
  5. "Comprender la multiplicación" (G1 - G2 / de H3 a H11)
  6. "Multiplicación" (de I1 a I10)
  7. "División" (J1 - J2 / de K2 a K9/ de L1 a L4)
  8. "Geometría" (V1 - V4 - V7)
  9. "Posición" (X1-X2)



  • ACENTUACIÓN
Moitas veces ao noso alumnado cóstalle acentuar correctamente. Para traballar isto propoñemos as seguintes actividades.
  1. Busca as palabras que deberían levar tilde e esqueceron poñela. Podes atopalas?
  2. Agora toca completar o cadro para axudarlles a ordear as palabras segundo a posición da sílaba tónica.
  3. E ademais os deixamos uns xogos online para que vos animedes a practicar

martes, 28 de abril de 2020

CONTO: A PRIMAVERA E O MAIO

Para celebrar O Maio a profe Paula creou este fermoso conto que esperamos que vos guste. No seu interior atoparedes un reto novo... ANIMÁDEVOS!!
(Para acceder fai Clic na imaxe)





sábado, 25 de abril de 2020

RETO DO DÍA DO LIBRO


O Xoves 23 de abril celebramos o día do libro. Por isto vos proñemos un reto elaborado pola profe de PT Paula Gómez del Valle... 
ANIMÁDESVOS?
(Para acceder fai Clic na imaxe)







COVID-19: SAÍDA D@S NEN@S

O Goberno anunciou que os nenos e nenas menores de 14 anos poderán sair a partir do día 26 de abril a dar un paseo. Par isto establécense unha serie de medidas recollidas no BOE que podedes atopar no seguinte enlace.



Con esta noticia poden xurdir dúbidas e medos. Para axudarlles a afrontar esta nova situación propoñemos os seguintes contos.

DISFRUTADE E NON ESQUEZADES SER RESPOSABLES!
(Para acceder fai Clic na imaxe)














xoves, 23 de abril de 2020

ANSIEDADE E ESTRÉS

Durante a cuarentena é normal sentirse máis ansioso, tenso, descentrado etc. Por isto enlazamos o seguinte documento que pode axudar aos nenos/as a afrontar esta situación.
(Para acceder fai Clic na imaxe)




O PRACER DA LECTURA (2)

Hoxe propoñemos as seguintes lecturas de acceso gratuito grazas á Editorial Xerais


  • Para primeiros lectores/as: "Feliz Feroz. O lobiño riquiño", de O Hematocrítico.
(Para acceder fai Clic na imaxe)




  • A partir dos 8 anos: "Fred Quincalla, O nómade do mar", de Teresa González Costa
(Para acceder fai Clic na imaxe)






  • A patir de 9 anos: "Vaia tropa!", de Antón Cortizas.
(Para acceder fai Clic na imaxe)






A AULA EN PIJAMA

Queremos invitarvos a que coñezades a Aula HospitalariaTeresa Herrera, do Hospital Materno Infantil.
Nela podedes atopar mil recursos de todas as materias que traballamos tanto en Ed. Infantil como en Ed. Primaria (xogos en inglés, curtos, recursos de matemáticas, ciencias, experimentos... incluso podedes ir de excursión con seus tours guiados dende o ceo.
DISFRUTÁDEA!
(Para acceder fai Clic na imaxe)









venres, 17 de abril de 2020

A EPILEPSIA

Hoxe queremos lembrar as importantes aprendizaxes que adquirimos grazas á visita que nos fixo na escola a asociación UGADE (Unión Galega De Epilepsia).
Esta visita axudounos tanto a mestres como a alumnos a coñecer, entender e aprender a convivir coa epilepsia, dotándonos de recursos persoais e quitándonos moitos medos e dúbidas.

Ademais queremos mandar un bico moi forte aos nosos nenos e nenas que conviven de xeito máis próximo coa epilepsia. 

Para lembrar o aprendido propoñemos os seguintes enlaces:


  • Conto para concienciar sobre a epilepsia (Para acceder fai Clic na imaxe)





  • Vídeo: Campaña Coñecer a epilepsia fainos iguais (Para acceder fai Clic na imaxe)






Para máis información recomendamos:




DIARIO DAS EMOCIÓNS

Levamos xa moitos días na casa sen poder saír e isto afecta as nosas emocións e estados de ánimo. Por isto invitamos a todos os nenos e nenas que se convertan en médico ou médica da emocións identificando as sinais que indican o seu estado emocional e poder así diagnosticar diariamente como está. 
para realizar este seguimento propoñemos a seguinte actividade:
(Para acceder fai Clic na imaxe)



xoves, 16 de abril de 2020

NOVAS PROPOSTAS PARA TRABALLAR NO FOGAR (3)

Despois das vacacións volvemos ao traballo! Para isto queremos propoñer novas tarefas que axuden a reforzar as aprendizaxes adquiridas neste curso. Lembrade que estas actividades son orientacións feitas polas mestras de PT para os nenos/as que traballan con elas pero tamén poden ser de interese para todo o alumnado en xeral.

  • Ortografía, Lectoescritura, comprensión lectora, matemáticas e cálculo ABN con caderniños LA CALESA. 
A editorial La Calesa crean unha edición especial dirixido a nenos/as de primaria e secundaria. https://www.lacalesa.es/
De xeito máis concreto, para os nosos nenos de 2º de EP, propoñemos o caderno 1 onde atoparedes actividades de repaso e reforzo... E se vos vedes con ánimo podedes consultar o número 2 para ampliar actividades.
(Para acceder fai Clic na imaxe)









  • Os seres vivos: Os animais.
Un dos pasatempos favoritos dos rapaces/as son os encrucillados. Por iso propoñemos este enlace para traballar os animais co alumnado dos primeiros cursos de primaria.






E se queredes traballar os nomes dos animais en inglés consultade o seguinte enlace.
(Para acceder fai Clic na imaxe)






  • Matemáticas: A Multiplicación
Repasamos o proceso da multiplicación de xeito lúdico. Especialmente indicado para nenos e nenas de 3º a 5º de Ed. Primaria.
(Para acceder fai Clic na imaxe)






  • Atención e razoamento lóxico.
As seguintes actividades favorecen o desenvolvemento do razoamento lóxico á vez que promove outras aprendizaxes (adquisición de vocabulario, resolución de problemas, etc). Ideal para alumnos/as de 3º a 5º de Ed. Primaria.
(Para acceder fai Clic na imaxe)









E como levamos facendo na maioría das entradas seguimos propoñendo máis páxinas de interese:








martes, 14 de abril de 2020

XOGAMOS NA CASA: PSICOMOTRICIDADE

Dende o DO queremos propoñer un xogo de mesa para xogar en familia e traballar a psicomotricidade.
(Para acceder fai Clic na imaxe)



EXPRESIÓN E COMPRESIÓN ORAL


Para reforzar a expresión e comprensión oral propoñemos novas actividades dirixidas tanto a nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil como de Ed. Primaria. Todas estas actividades e moitas máis están recollidas na páxina de Eugenia Romero
(Para acceder fai Clic na imaxe)











venres, 3 de abril de 2020

EXPERIMENTOS SINXELOS

Aínda que seguimos de confinamento comezamos uns días de descanso nos que podemos aproveitar e facer experimentos sinxelos e moi entretidos. Aos rapaces e rapazas encántalles facer este tipo de actividades, así que... A ENZOUFARSE UN POUQUIÑO!
Estas propostas están recollidas na páxina     https://www.imageneseducativas.com/



 A CIENCIA PODE SER DIVERTIDA!










 ELABORACIÓN DE PASTA PARA MODELAR


A que rapaz ou rapaza non lle gusta amasar? Outra proposta divertida é facer algunha masa ou pasta para modelar. Animádesvos?












APRENDER SOÑANDO


Queredes seguir soñando e aprendendo ?

Hoxe enlazamos un motón de historias e librosdeaudio para rapaces e rapazas de todas as idades. Todas son de balde e accesibles dende calquera dispositivo.
(Para acceder fai Clic na imaxe)



Nesta mesma páxina podedes atopar moitas máis propostas de lecturas como "20 libros infantiles gratuitos para leer durante la cuarentena".

REFORZO DA EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA

Continuando coas propostas de reforzo  das especialistas en PT para o alumnado de 2º e 3º de Ed. Primaria, propoñemos as seguintes actividades todas elas obtidas da páxina https://www.aulapt.org/:


  • comprensión lectora.






  • Inferencias



  • estructura e expresión escrita.



xoves, 2 de abril de 2020

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

A ONU proclamou o día 2 de abril como Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo e así celébrase dende o ano 2008. (A/RES/62/139 ).
A finalidade é poñer de relieve a necesidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con autismo, para que podan levar unha vida plena como membros dunha sociedade diversa.

dende o CEIP Portofaro os queremos achegar algunhas das múltiples propostas onde podedes atopar información e material para comprender que é o autismo e participar na celebración deste día.
(Para acceder fai Clic na imaxe)

















Outras páxinas de interese:







GRAZAS A TOD@S!