sábado, 21 de marzo de 2020

TRABALLANDO NO FOGAR


Os membros do equipo de Orientación propoñemos unha serie de enlaces onde podedes atopar múltiples actividades para traballar cos vosos fillos e fillas, adaptadas as súas necesidades, intereses, ritmo e estilos de aprendizaxe.
Aquí atoparedes material elaborado por nos así como outros contidos recollidos en diversas páxinas web, como son: 


1. Estimulación da linguaxe oral.
A adquisición e desenvolvemento da linguaxe é unha das principais aprendizaxes que se producen nos primeiros anos de vida e de cómo se estimule e progrese esta aprendizaxe dependerán as interaccións sociais que establezan os nosos nenos e nenas e a súa vez condiciona á comprensión que faga do mundo e de si mesmo (autoxestión, autoconcepto…).
Para isto propoñemos as seguintes pautas xerais para favorecer un intercambio comunicativo positivo e estimular a linguaxe oral.
(Para acceder fai Clic na imaxe)



2. Conciencia Fonolóxica.
A conciencia fonolóxica é una habilidade pre-lectora clave para a aprendizaxe da lectura traballando as habilidades de decodificación (conciencia fonolóxica) e habilidades de comprensión (desenvolvemento da linguaxe, conciencia narrativa).
(Para acceder fai Clic na imaxe)

 Clic aquí




3. Orientación espacial e memoria visual.
A través da memoria visual retemos información percibida pola vista. Esta memoria está relacionada directamente cos procesos de aprendizaxe (orientación espacial, atención, lectoescritura, seguimento de instrucións…)
(Para acceder fai Clic na imaxe)





4. Atención e memoria auditiva.
A través da memoria auditiva retemos a información percibida polo oído. Esta memoria permite lembrar a información que escoitamos e a orden na que a recibimos, por isto afecta a aprendizaxe dos nosos nenos e nenas (atención, seguimento de instrucións orais, ditados...).
(Para acceder fai Clic na imaxe)




5. Comprensión Lectora.
A comprensión lectora e un dos piares fundamentais da aprendizaxe. Fai referencia á capacidade de entender tanto palabras escritas de xeito illado como distintos tipos de textos (narrativos, argumentativos, expositivos…).

Unha boa comprensión lectora facilitará a adquisición de aprendizaxes, así como o desenvolvemento do pensamento crítico, a expresión oral e escrita, a resolución de problemas… 
(Para acceder fai Clic na imaxe)





Ningún comentario:

Publicar un comentario