venres, 27 de marzo de 2020

"AMAR"

Nestas circunstancias, máis que nunca, AMAR é a mellor maneira de convivir, axúdanos a construír boas relacións e a recoñecer e apreciar o bo trato recibido dos demais.

Para isto a editorial Palabras Aladas agasállanos co libro “Amar" en PDF.
(Para acceder fai Clic na imaxe)



DATOS  DO LIBRO
Título: Amar
Autores: Cristina Núñez Pereira e Rafael R. Valcárcel
Editorial: Palabras Aladas
Idade: de 6 a 99 anos.

Con este libro propoñen o reto "Crear Vuestro Árbol" para o que so precisaremos dispoñer dunha parede da casa onde crear nela a árbore do amor. Esta árbore será un lugar onde acodir en momento de estrés, tristura, enfado ou para compartir momentos reconfortantes.
Para traballar con esta proposta, adxuntamos material de balde de este itinerario que axuda a aproveitar o seu contido e favorece que os nenos e nenas se relacionen en armonía coas persoas e o seu entorno.





Ningún comentario:

Publicar un comentario