martes, 31 de marzo de 2020

PORTAL EDUCATIVO: AULAS GALEGAS

Hoxe querémosvos recomendar un portal educativo totalmente en galego ,un gran portal de entretemento para estes días: Aula Galegas. https://aulasgalegas.org/
Nestas páxinas ademais de contidos para  todos os niveis de ensino, encontramos distintas seccións , como a Creación dixital que ofrece ferramentas de ocio baseadas en novas tecnoloxías; Enredos, que acolle diversos xogos; Estamos cos maiores, que contén recursos para persoas de idade avanza con actividades físicas, de memoria ou de coidados; Mares de cultura, expón o traballo de creadores de diversas disciplinas artísticas; Lecturas compartidas,  e Outras olladas que achega recursos para atender á diversidade funcional e a educación emocional.
(Para acceder fai Clic na imaxe)








Ningún comentario:

Publicar un comentario