venres, 8 de maio de 2020

DISLALIAS

Para aqueles pais e nais que desexen reforzar na casa o traballado dende o cole cos nenos e nenas que presentan dislalias, o mestre de Audición e Linguaxe recomenda as seguintes pautas:
  • As sesións de rehabilitación logopédica de dislalias non deberán exceder de 20/30 minutos. 
  • Nese tempo realizaranse exercicios de respiración  e praxia, discriminación auditiva do fonema (normalmente S ou R) e colocación correcta da lingua con posterior articulación. Para isto podedes atopar exercicios na páxina web guiainfantil.com 
  • As actividades deberán realizarse dúas veces a semana. 
  • Nunha entrada anterior neste blog, titulada "Praxias bucofonatorias" (con data do 24/03/2020), atoparedes outras propostas como:


Xogos de Praxias para nenos e nenas. (Clic aquí)

Praxias Minions. (Clic aquí)
Praxias mandibulares. (Clic aquí)
Praxias orolinguofaciais. (Clic aquí)
Estimulación oral. (Clic aquí)


Reciban un cordial saúdo. 
José Antonio (Mestre de Audición e Linguaxe)


Ningún comentario:

Publicar un comentario